Saved in:
| Main Author: | |
|---|---|
| Format: | Artículo científico |
| Language: | gl |
| Published: |
Universidade de Santiago de Compostela
2017
|
| Subjects: | |
| Online Access: | https://www.redalyc.org/articulo.oa?id=38054082010 |
| Tags: |
Add Tag
No Tags, Be the first to tag this record!
|
Table of Contents:
- Betanzos, espello electoral de España Carmen Cotelo Política Este artigo ofrece un achegamento á orixe do “test de Betanzos”, formulada nun estudio sociolóxico encargado por Manuel Fraga e presentado publicamente por el no mes de xaneiro do 1983. Segundo este traballo, o municipio betanceiro era xunto con Jerez de la Frontera (Andalucía) e Getafe (Madrid) unha das tres middletowns existentes en España naquel momento. Co paso dos anos, Betanzos é a única destas tres cidades que permanece no tempo como espello social do país. Probablemente, ese primitivo estudio sociolóxico estea a día de hoxe definitivamente perdido polo que hai que apoiarse nas escasas referencias documentais das que se van tendo novas. A fonte fundamental que permite explicar a elección de Betanzos como middletown e a súa prevalencia como tal respecto das outras dúas cidades é a análise dos resultados das convocatorias electorais celebradas ata aquel momento ao Congreso de los Diputados (1977, 1979 e 1982) e ao Parlamento de Galicia (1981). Suscítase tamén outra cuestión: por que se busca unha middletown electoral en España coincidindo co inicio da andadura da Transición española tras corenta anos de ditadura. A escasa experiencia na utilización de ferramentas sociolóxicas de prospección electoral nunha democracia recentemente estreada, o recurso á importación de métodos xa experimentados noutros países e a necesidade de acoutar o máis posible a mostra electoral conforman o grupo de factores explicativos. De coñecemento público, o estudio encargado por Manuel Fraga foi o primeiro realizado en España na procura dunha middletown. 2017 artículo científico 1577-239X https://www.redalyc.org/articulo.oa?id=38054082010 gl http://www.redalyc.org/revista.oa?id=380 RIPS. Revista de Investigaciones Políticas y Sociológicas application/pdf Universidade de Santiago de Compostela RIPS. Revista de Investigaciones Políticas y Sociológicas (España) Num.2 Vol.16